Quen Somos

Coñece a historia da nosa panadería

Quiénes Somos

A Nosa Historia

Somos a 4ª xeración de panadeiros na familia, a 3ª ao frente da Panadería Leis. No ano 1954, o meu avó, José Leis Alonso, montou un pequeno forno de pedra no número 70 da Rúa de San Pedro. Eran tempos moi duros e difíciles. O meu avó facía pan, e a miña avoa, cun cesto na cabeza, repartíao polas casas das aldeas.

No ano 1963, trasladan o forno á Rúa da Angustia, no mesmo barrio, que é onde sempre estivo o noso obradoiro.

obradoiro-familiar-panaderia-o-pan-de-leis-santiago

A finales dos 70´s, o meu pai, José Manuel Leis Mouriño, foise introducindo pouco a pocuo no mundo da panadería, botando unha man e aprendendo unha maneira de facer o pan que, anos máis tarde, ensinaríame a min. Con moito esforzo e sacrificio conseguen que empece a crecer pouco a pouco á panadería. No 1998 falece o meu avó, quedando ao frente da panadería o meu pai. A partir de aquí, a panadería sofre unha transformación enorme. Modernizouse todo o obradoiro, con novos fornos e maquinaria que permiten adaptarse ás necesidades do momento.

dibjuo-generaciones-o-pan-de-leis

Uns anos despóis, foi a min, Fernando Leis García, ao que lle chegou o momento de introducirse pouco a pouco na empresa familiar. Así aprendín, como fixera meu pai anos atras, a entender este oficio.

No ano 2018, xubílase o meu pai, quedando eu ao fronte do negocio familiar. Dende entón intentamos dar outro xiro na dirección da empresa e centrámonos na venta directa ao pública, abrindo tendas onde poder ofrecer a máxima calidade posible aos nosos clientes, ao mesmo tempo que intentamos proporcionar unha boa información sobre o que están adquirindo, para que sepan valorar as vantaxes que ten un pan ben feito con boas materias primas e coa importancia de respectar cada proceso.

quienes-somos-nosotros-panaderia-o-pan-de-leis

Fernando Leis

fernando-leis-panaderia-o-pan-de-leis

Nado en Santiago de Compostela en 1985.

Fillo e neto de panadeiros artesás. Prácticamente nacín entre fariña. Estiven ata o ano 2008 aprendendo e traballando na panadería familiar, ata que decidín irme a Barcelona a coñecer mundo e alí encontreime coa miña compañeira de vida Yolanda. Dende entonces, emprendimos unha viaxe xuntos no que cada día seguimos aprendendo o un de o outro.

Barcelona ensinoume a crecer persoalmente, a coñecerme, e a valorar que para conseguir os teus propósitos necesítase moito esforzo e dedicación. Ensinoume tamén que ás veces precisas marchar para voltar con máis forza.

En 2014 decidimos emprender un novo camiño en Santiago de Compostela, poñéndonos ao fronte do oficio da familia. Dende entón entendimos que a formación é o pilar básico para a evolución do noso traballo. Aprendimos novos conceptos que nos axudaron a entender o oficio dende outra perspectiva. E así, con moita dedicación e esforzo, conseguimos abrir 3 tendas das que estamos moi orgullosos.

Hoxe, podo dicir que nos sentimos moi satisfeitos co que fixemos, e sigo aprendendo constantemente para mellorar e evolucionar en todos os aspectos da miña vida.

fernando-leis-2-panaderia-o-pan-de-leis

Yolanda Donet

yolanda-donet-foto-1

Nada en Barcelona no 1982.

Estudiei ata os 26 anos e sempre me moveu o deseño e todo o relacionado coa creación.

En 2010 coñecín a Fernando (para min Leis). Traballamos nunha gran empresa xuntos e dende entón non deixamos de camiñar na mesma dirección. Estivemos entre rúas cataláns ata o 2014 cando, xunto a Fernando, decidimos iniciar unha nova etapa en Santaigo de Compostela, onde tiñan unha pequena panadería como negocio familiar.

O mundo da panadería era novo para min e foi todo un descubrimento atoparme cun oficio tan sacrificado e gratificante ao mesmo tempo.

 Emprendemos o noso camiño que nos levou a crear anosa primeira tenda. E co tempo viñeron unha segunda e unha terceira.

Deseñamos e creamos cada tenda con todo o noso esforzo e paixón e para min persoalmente foi un proceso de crecemento persoal e de satisfacción.

Hoxe, cinco anos despóis, podo dicir que me sinto orgullosa de nos, da nosa evolucíon, do gran equipo que formamos, de todo o aprendido e de toda a xente que coñeces no camiño. Dou gracias a Santiago de Compostela por acollerme así de ben, por facerme sentir como na casa e darme tanta felicidade. Espero seguir crecendo como persoa, traballadora, nai e como muller e non deixar nunca de entusiasmarme.

yolanda-donet-foto-2

Emprendemos o noso camiño que nos levou a crear a nosa primeira tenda. E co tempo viñeron unha segunda e unha terceira.

Deseñamos e creamos cada tenda con todo o noso esforzo e paixón e para min persoalmente foi un proceso de crecemento persoal e de satisfacción.

Hoxe, cinco anos despóis, podo dicir que me sinto orgullosa de nos, da nosa evolucíon, do gran equipo que formamos, de todo o aprendido e de toda a xente que coñeces no camiño. Dou gracias a Santiago de Compostela por acollerme así de ben, por facerme sentir como na casa e darme tanta felicidade. Espero seguir crecendo como persoa, traballadora, nai e como muller e non deixar nunca de entusiasmarme.

yolanda-donet-foto-2

O Noso Obradoiro

obrador-o-pan-de-leis-fachada
obrador-o-pan-de-leis-interior-2
obrador-o-pan-de-leis-interior-maquinaria
leis-carrito

ONDE QUEREMOS IR

Fai uns anos, comenzoú a rondarme que, aínda que nos fora moi ben, e fixeramos un gran pan, necesitabamos algo máis. Foi entón cando comencei a facer cursos para formarme e entender moitos máis conceptos sobre este gran oficio. Asomar a cabeza e ver que están facendo fora do teu entorno para poder aprender de outros panadeiros.

Entender que, compartindo experiencias gañamos e nos enriquecemos todos.

A idea é volver un pouco ao principio, aos tempos do meu avó, nos que non se facían grandes cantidades de pan, pero o que se facía era excelente.

Eso sí, aproveitando toas as ventaxes que nos proporciona a tecnoloxía que temos hoxe en día.